Proyecto SEALAB

Proyecto SEALAB

Mejora de los servicios de análisis de sustancias  prioritarias en aguas interiores mediante desarrollo e integración de nanosensórica robótica y sistemas de gestión de información. (2018-2020)

 

Programa CONECTA PEME 2018 IN852A 2018/5

Programa: Conecta Peme 2018. Axudas para a realización de proxectos de I+D+i en colaboración entre empresas en áreas estratéxicas para Galicia.

Orzamento Total: 1.056.297,97 €

Empresa Líder: INDROPS LABORATORIO DE ANÁLISIS Y CALIDAD MEDIOAMBIENTAL S.L.

Empresas socias: INDUSTRIAS FERRI S.A. e IMATIA INNOVATION S.L.

Financiado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), con cargo ao programa operativo FEDER 2014-2020 dentro do obxectivo principal da operación “Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade” (O.T.1) contando con Fondos Estruturáis e de Investimento Europeos.

Data de inicio: 1 de Abril de 2018

Data de finalización: 30 de Setembro de 2020 (prorrogado ata o 31 de decembro de 2020)

Obxectivos do proxecto: O proxecto ten por obxectivo desenrolar un novo servizo de monitorización da calidade das augas (SEALAB) baseado no desenrolo e integración dun laboratorio portátil a bordo dun vehículo de superficie non tripulado de fácil despregue. O laboratorio incorporará nova sensórica baseada no uso de Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais (Lab-on-a-chip) para a determinación de sustancias prioritarias, medida de parámetros físico-químicos auxiliares e toma de mostra automatizada.

Para acadar este obxectivo xeral propóñense os seguintes obxectivos técnicos:

  • Avanzar nos procedementos de monitorización in-situ de sustancias prioritarias a través da implementación dun nanosensor para medir por lectura electroquímica concentracións de algunhas sustancias prioritarias en augas interiores (continentais, costeiras e de transición)
  • Desenrolar un laboratorio portátil que integre sistema multisensor para medicións in situ de sustancias prioritarias e outros parámetros físico-químicos, así como un sistema de toma de mostras de auga para ser integrado en embarcacións non tripuladas (USV).
  • Optimizar o uso de embarcacións non tripuladas (USV) para a monitorización da calidade das augas costeiras e de transición, mellorando a propulsión, o posicionamento, as comunicacións e a navegación para dar resposta ás necesidades concretas do servizo e asegurar a representatividade das mostras.
  • Facilitar a empleabilidade do servizo ao usuario final a través da implementación de aplicacións software que faciliten a xestión das misións robotizadas e a visualización e interpretación dos datos recollidos.

PECHE DO PROXECTO

Durante o primeiro trimestre de 2021, pechouse a xustificación económica e técnica do Proxecto SEALAB, o que permitiu tomar conciencia dos logros acadados durante a execución do mesmo.

Este proxecto iniciouse en 2018 e tiña como obxectivo desenvolver un novo servicio de monitorización da calidade das augas (SEALAB) basado no desenrolo e integración dun laboratorio portátil a bordo dunha embarcación non tripulada de fácil botadura, para a que se desenrolaron e melloraron sistemas de propulsión, posicionamento, comunicación e navegación. O laboratorio, incorpora nova sensórica basada no uso de Tecnoloxías Facilitadoras Esenciales (TFE) -nanotecnoloxía Lab-on-a-chip- para a determinación dalgunhas sustancias prioritarias RD 817/2015] (Atrazina, Diuron, Terbutrín, Benzo(a)pireno), e tamén a medida de parámetros físico-químicos auxiliares (pH, conductividade, temperatura, osíxeno disolto, turbidez, clorofila a) e a toma de mostras automatizada. Ademáis a información recollida polos sensores da embarcación, envíase en tempo real a unha plataforma de xestión de información que facilita a empregabilidade do servicio para o usuario final.

A pesar de todos os contratempos ocasionados pola pandemia do coronavirus, o consorcio foi quen de sacar adiante o proxecto SEALAB, o que supuxo un importante paso adiante. Unha vez desenrolados todos os dispositivos e tras varios meses de validacións e verificacións dos mesmos integrados no prototipo ubicado nas instalacións de CETMAR, o 23 de novembro de 2020 a embarcación foi botada nas augas do porte de Vigo. Á botadura acudiron, ademáis do Vicepresidente Segundo da Xunta de Galicia e Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, D. Francisco Conde e la delegada de la Xunta en Vigo, Dª Marta Fernández-Tapias, representantes da Escola Naval de Marín, do Centro Universitario de Defensa de Marín, da Asociación de industrias do metal e Tecnoloxías asociadas de Galicia (ASIME) e do Centro Tecnolóxico AIMEN.

O consorcio pode afirmar que se lograron tanto o obxectivo xeral como os obxectivos técnicos propostos neste proxecto. Todos estes logros están tendo un claro efecto, tanto no know-how particular de cada un dos participantes, que se poderá aplicar a outras liñas de negocio, como para continuar co traballo iniciado neste proxecto , dado o interés suscitado entre usuarios finales dos servicios como Autoridades portuarias, otras administración relacionadas coa calidade da auga así como de empresas privadas do sector.

O 16 de decembro de 2020, organizouse de forma telemática o EVENTO DE DIFUSIÓN FINAL de SEALAB, no que se presentaron os resultados acadados no proxecto SEALAB a través das intervencións dos diferentes participantes do proxecto, recibindo no propio evento o feed-back de potenciales usuarios finais que participaron na mesa redonda organizada así como por parte do público asistente, constatando o potencial comercial que desenrolos e solucións tecnolóxicas como o levado a cabo nesta iniciativa, teñen para a monitorización e o control do medio ambiente e a calidade das augas.

En resumen, todos estes puntos fan que o desenrolo do servicio SEALAB teña especial relevancia e sexa de inmediata aplicación en sectores como o da xestión integral do Ciclo da Auga, Sector industrial, Concellos, Autoridades Portuarias, Augas de Galicia, Confederación Hidrográfica Miño Sil, outras Confederacións Hidrográficas, así como as diferentes Administracións públicas competentes na xestión da calidade das augas ou recursos mariños (tanto a nivel galego, nacional ou europeo) como as diferentes consellerías de medio ambiente, Consellerías do Mar, INTECMAR, Servicio de Guardacostas e Salvamento Marítimo; MAGRAMA, etc.